Presentación da iniciativa LAUTORA
LAUTORA é un grupo de persoas que levan tempo observando como se vulneran os dereitos de autoría de forma constante, en detrimento de quen crea cultura e coñecemento, e das persoas usuarias que gozan desa cultura.
Esta vulneración dos dereitos de autoría vén condicionada polo sistema actual, que só favorece uns poucos, representados polas entidades de xestión que se lucran do traballo de creación intelectual de terceiras e que presumen disto, actuando como un monopolio inxusto que desde LAUTORA e coa colaboración de cantas persoas queiran, pretendemos cambiar.
QUE BUSCAMOS COA INICIATIVA LAUTORA? Buscamos que o sistema de retribución pola propiedade intelectual e cultural sexa xusto coas persoas creadoras e, tamén, cos usuarios/as que, dun ou doutro xeito, fan uso desas creacións.
Queres unirte á iniciativa e pelexar por un sistema máis xusto? Segue lendo, infórmate e dános o teu apoio mediante a túa sinatura.